Óleo sobre cartón de 30mm (60x100cm)
Mostrando entradas con la etiqueta exposicions. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposicions. Mostrar todas las entradas
15.1.15
4.11.14
10.6.14
EXPOSICIÓN
O vindeiro sábado día 14 ás 21:00 inauguramos exposición en MUEBLES OTERO a miña compañeira Ánnika Álvarez e máis eu. Poderedes ver as obras expostas ata o día 12 de Xullo de luns a sábado de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30 no nº 91 da Avda. de Vilagarcía, en Cambados (Ó lado da gasolinera). Agardamos que disfrutedes da visita!
O evento en facebook:
(Editado 22-09-2014) Para as/os que non puideron acercarse, aquí deixo algunhas fotos das miñas obras na expo:
28.4.14
"SON DE CAMBADOS" - Exposición colectiva
Este venres 2 ás 20:00 ARTEFACTOSALNÉS presenta a súa exposición colectiva no Pazo de Torrado de Cambados. Desta volta o título do proxecto é “SON DE CAMBADOS".
Esta iniciativa do instituto Cabanillas mestura cada ano os traballos dos alumnos de debuxo cos de varios artistas da vila. Pódese visitar ata o día 25, de martes a Domingo, de 16:30 a 19:30. Dous anacos da peza coa que participo:
28.2.14
"SOBRASDEARTE" - 2013
Na exposición colectiva "ENCONTRO" do pasado mes de Decembro, en Cambados, viron a luz as primeiras "SOBRASDEARTE". Son iso exactamente, "sobras" do proceso productivo doutras pinturas.
Detalle dalgún dos fragmentos ampliados (medida real aproximada: 2x2cm):
25.11.13
"ENCONTRO" - Exposición colectiva en Cambados
O próximo sábado 30 de Novembro inaugúrase a exposición colectiva "Encontro" no Café Avenida de Cambados no que teño a honra de participar xunto con:
Saúl Otero, Xandre Otero, Kantabudha, Katsumi Yamaguchi, P. Palomar, Carmen Menduíña, Cesar Portela , Elena Silvoso, Mon Daporta, Ramón Eiras, Alberto Falcón, Eduardo Baamonde, Emérita Méndez, Manolo Busto, José Luiz Oubiña, Jose Solla, Adela Leiro, José Gayo, Karlos Abal, Jacobo Gayo, Ramón Caride, Xosé Mª Ribadomar, Emilio Xosé Ínsua, Cándido Duro, Juan Carballo, Valentina Carro e Domingo Tabuyo.
A exposición poderase visitar ata o 28 de Decembro. Vémonos no Avenida!
15.10.13
"Iniciación en las Ciencias Físiconaturales" - Exposición en Santiago de Composrtela
O estudio ELA Interiorismo de Santiago de Compostela, acolle este outono o meu proxecto "Iniciación en las Ciencias Físiconaturales". Unha serie de catro retratos en acrílico de obxectos cotiás pintados sobre un fondo cuberto coas follas dun libro vello. O libro é o que da nome ó proxecto, e os capítulos do mesmo, identifican cada unha das obras da serie: "I-Cuestiones de física", "II-Cuestiones de Química", "III- Estructura de los Seres Vivos" e "IV-Fisiología humana y animal".
"Iniciación en las Ciencias Físiconaturales" é un manual de "Ciencias Cosmológicas" do 1944 que atopei na zona vella. Un libro de texto da ditadura que se convirte en silencioso telón de fondo para estes fragmentos do día a día que descansan sobre el, facendo coma se non existise.
30.4.13
INAUGURACIÓN - "PÍNTAO DE ROCK"
O próximo venres día 3, inaugúrase en Cambados a exposición colectiva “PÍNTAO DE ROCK (ARTES PLÁSTICAS + LITERATURA + CULTURA ROCK)" como parte dun proxecto que pretende explorar as relacións entre as diversas manifestacións da arte contemporánea coa cultura derivada da música rock. Ao longo do curso o alumnado do Cabanillas estivo traballando nunha serie de actividades que tiñan este tema como trasfondo, elaborando algunhas das propostas que serán exhibidas xunto coas doutros artistas seleccionadas/os para esta entrega de ARTEFACTOSALNÉS.
Con motivo da invitación que me trasladou o a plataforma púxenme a traballar "en clave de rock" e o que comezou "sabendo" a Dire Straits rematou por "cheirar" a Pink Floyd. Colgo un anaco pequeno e invítovos a pasarvos dende o 3 ao 28 polo Pazo de Torrado para ver a mostra completa.
Gracias aos promotores do proxecto ARTEFACTOSALNÉS pola invitación e pola iniciativa de xerar puntos de encontro coma este que tanto dinamizan as artes plásticas, na comunidade educativa, e fora dela.
(Editado 08-05-2013) Engado algunhas imaxes da inauguración:
21.1.13
EXPOSICIÓN COLECTIVA "CONEXIÓNS" (Vilagarcía de Arousa)

Este venres 25 de Xaneiro inaugúrase en Vilagarcía a exposición colectiva "CONEXIÓNS", que oganiza a ascociación cultural HABELAS e na que teño o pracer de participar xunto con:
Carlos Cambre / Jose chazo / Aitana Vidal / Azalea / Ann
Haya Blanco / Olmo Blanco / Olalla Buceta / Xurxo Durán / Miguel Gabín / Deif Lou / Nesti / Amelia Palacios / Serxio Bandín / Noelia Toledano / Hermes Torres / Diego Vites / Suso Gómez / Rafael Padín / Bruno Varela / Markos Horro / José María Picón / Óscar Piñeiro / Victor Tojo /
Eloy Puga / Pablo Cacheda / Joan Ríos / Alba Pérez / Eva Nuñez.
PINTURA · FOTOGRAFÍA · ESCULTURA · MINIATURAS · DESEÑO · CORTOMETRAXE
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)











































