15.10.13

"Iniciación en las Ciencias Físiconaturales" - Exposición en Santiago de Composrtela

O estudio ELA Interiorismo de Santiago de Compostela, acolle este outono o meu proxecto "Iniciación en las Ciencias Físiconaturales". Unha serie de catro retratos en acrílico de obxectos cotiás pintados sobre un fondo cuberto coas follas dun libro vello. O libro é o que da nome ó proxecto, e os capítulos do mesmo, identifican cada unha das obras da serie: "I-Cuestiones de física", "II-Cuestiones de Química", "III- Estructura de los Seres Vivos" e "IV-Fisiología humana y animal".

"Iniciación en las Ciencias Físiconaturales" é un manual de "Ciencias Cosmológicas" do 1944 que atopei na zona vella. Un libro de texto da ditadura que se convirte en silencioso telón de fondo para estes fragmentos do día a día que descansan sobre el, facendo coma se non existise.




 

Ela Interiorismo está na Rúa Rodriguez Carracido nº9cerca da Plaza Roja.


No hay comentarios: