30.4.13

INAUGURACIÓN - "PÍNTAO DE ROCK"

O próximo venres día 3, inaugúrase en Cambados a exposición colectiva “PÍNTAO DE ROCK (ARTES PLÁSTICAS + LITERATURA + CULTURA ROCK)" como parte dun proxecto que pretende explorar as relacións entre as diversas manifestacións da arte contemporánea coa cultura derivada da música rock. Ao longo do curso o alumnado do Cabanillas estivo traballando nunha serie de actividades que tiñan este tema como trasfondo, elaborando algunhas das propostas que serán exhibidas xunto coas doutros artistas seleccionadas/os para esta entrega de ARTEFACTOSALNÉS.

Con motivo da invitación que me trasladou o a plataforma púxenme a traballar "en clave de rock" e o que comezou "sabendo" a Dire Straits rematou por "cheirar" a Pink Floyd. Colgo un anaco pequeno e invítovos a pasarvos dende o 3 ao 28 polo Pazo de Torrado para ver a mostra completa. 




Gracias aos promotores do proxecto ARTEFACTOSALNÉS pola invitación e pola iniciativa de xerar puntos de encontro coma este que tanto dinamizan as artes plásticas, na comunidade educativa, e fora dela.

(Editado 08-05-2013) Engado algunhas imaxes da inauguración:





No hay comentarios: